Horacio Casares leva un tempo asistindo ás clases de baile, tendo como compañeira de baile a Iria, a mestra de galego. Dada a condición relixiosa de Horacio, os dous amigos levan en segredo a súa afección compartida, pero os rumores correrán coma a pólvora pola vila de Louredo.
Por outra banda, Josito quere ser funcionario do concello. O cuñado do alcalde cre que coa súa relación familiar xa é suficiente, pero Delmiro está moi agoniado coa situación. Ademais, Josito pretende pechar o acordo subornando o seu cuñado cun xamón.